GnuLinEx é unha distribución de software libre que ten o kernel Linux e está baseada na Debian GNU/Linux e GNOME, contando co OpenOffice.org como Suite Ofimática, entre outras aplicacións.
Está impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Desenvolvemento Tecnolóxico da Comunidade Autónoma de Estremadura (España), sendo pioneiro e secundado por outros organismos públicos e privados do resto de España. Durante un período considerable de tempo, a comunidade estremeña ofreceu tamén apoio á de Andalucía (a cal se inspirou en GnuLinex para desenvolver Guadalinex) na implantación de solucións abertas en colexios, administración, etc.
Virtudes
- Estabilidade
- Fácil instalación
- Libre distribución e utilización
- Practicamente libre de virus informáticos
- Custe nulo por pago de licenzas
- Adaptación ao español (os programas veñen representados por importantes figuras da literatura, ciencia, etc.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario